Dende WTMode queremos amosarvos un punto de vista distinto da beleza de Galicia na nosa comarca a través dunha colección audiovisual para fomentar a promoción turística do Concello de Cabanas.
A través dunha serie de videos, poderedes descubrir o concello e arredores con outros ollos, disfrutar de paisaxes increibles e tal vez coñecer interesantes paraxes descoñecidas que visitar.
O proxecto xa está prácticamente filmado por completo, e en proceso de producción, polo que só queda agardar a que o primeiro clip da colección vexa a luz. Mentres tanto deixaremosvos distintos fragmentos, imaxes e información para facer máis curta a espera.
Queremos agradecer ó Concello de Cabanas a confianza depostitada e facilidades prestadas para levar a cabo esta fermosa labor!
Realizamos todo tipo de servicios audiovisuais. Podes poñerte en contacto con nos a través da nosa páxina web www.wtmode.es, no enderezo info@wtmode.es ou a través das nosas redes.